BALANCE POSITIVO DA VENDIMA NA RIBEIRA SACRA, TANTO EN CALIDADE COMO EN CANTIDADE

BALANCE POSITIVO DA VENDIMA NA RIBEIRA SACRA, TANTO EN CALIDADE COMO EN CANTIDADE

A punto de rematar a vendima na Ribeira Sacra os datos de uva recollida son moi positivos, especialmente nun ano en que a tendencia en Galicia é á redución da colleita.

A vendima xa rematou en 91 adegas e outras cinco están a piques de rematar. En total levan recollidos preto de cinco millóns e medio de quilos, polo que a colleita será moi similar á de 2010 (5,6 millóns de kilos) e superior á de 2009 (mensod e 5,3 millóns de quilos), pero lonxe da do ano pasado, no que se acadaron os sete millóns de quilos. A meirande parte da uva recollida corresponde á variedade mencía, con máis de 4,7 millóns de quilos.

Segundo o consello regulador da denominación de orixe, a calidade da uva é excelente.

Comparte...