LA COCINA ÁRABE REGRESA AL CANEY

LA COCINA ÁRABE REGRESA AL CANEY

Ata o 26 de outubro os amantes dos sabores árabes teñen a súa cita anual no restaurante Caney, en Santiago de Compostela, onde se celebra a edición número 12 da súa Semana de Cociña Árabe, coincidindo coa celebración do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal.

Durante esta semana o restaurante inclúe unha ampla variedade de platos árabes na súa carta, pero tamén ofrece un menú degustación composto por entrantes como Hommos (crema de garavanzos), Babaganoush (crema de berenxena), Muhammara (crema de pementos vermellos), Falafel (croqueta de garavanzos e especias), Tabbouleh e Kibbeh (carne picada de cordeiro con especias); un prato principal de Mashawi kebab (con arroz, polo ao curry e tenreira) e unha sobremesa, Muhallabia, que é unha especie de crema ou iogur que se elabora con leite, améndoas, arroz, auga de azahar e decórase con pistachos picados.

Comparte...