Seis locais do Franco compostelano únense para dinamizar a rúa cunha acción de “rasca e gaña”

Seis locais do Franco compostelano únense para dinamizar a rúa cunha acción de “rasca e gaña”

Desde o vindeiro xoves 22 de novembro e ata o 13 de xaneiro, os visitantes da mítica rúa do Franco en Santiago de Compostela poderán participar en “Fran& CO“, o nome escollido por seis locais de restauración para dinamizar esta zona do centro histórico a través dunha promoción de “rasca e gaña“. Deste xeito, os clientes que acudan a tomar algo ao Mesón 42, A Barrola, O Boteco, Casa Elisa, ACDC e Porta Faxeira de xoves a domingo terán a opción de gañar miles de viños e cañas gratuítas, ademáis de premios tan importantes como unha estancia para dúas persoas en Cabo Verde, unha cámara Go Pro, unha estancia romántica no hotel Virxe da Cerca, ceas para dúas e catro persoas incluíndo unha mariscada e varios packs de viños de diferentes denominacións de orixe galegas e nacionais.

Para participar en Fran&CO só é preciso achegarse a tomar algo a algún destes seis locais: por cada 5 euros de consumición entregarase aos clientes un cartón, que estes terán que rascar para saber se foron afortunados e levan algún premio ou se teñen que seguir probando sorte. Unha dinámica de xogo “sinxela e directa” segundo os propios precursores da iniciativa que, segundo explican, ten como obxectivo “recuperar para o Franco a súa clientela de toda a vida, de Santiago e arredores”  así como “a súa esencia como epicentro de zona de viños na cidade“. Queren, ademais, “agradecer a confianza” e premiar a fidelidade dos clientes habituais da rúa.

A iniciativa está patrocina nesta ocasión por entidades tan importantes como Estrella Galicia ou o turoperador galego Yu Travel; e se esta primeira edición funciona ben os seus promotores non descartan ampliala ou implantar novos concurso no futuro, que sirvan para seguir sorprendendo aos usuarios.

Comparte...