10 estrelas Michelin entre os 30 chefs do ShowRocking Cociñando na Fin do Mundo de PortAmérica

10 estrelas Michelin entre os 30 chefs do ShowRocking Cociñando na Fin do Mundo de PortAmérica

A gastronomía é, un ano máis, unha das grandes protagonistas do Festival. PortAmérica acollerá durante os días 13, 14 e 15 de xullo a fusión perfecta entre ritmo e cociña: o Showrocking “Cociñando na fin do mundo“, a cargo de 30 chefs internacionais con 10 Estrelas Michelin e ampla representación galega que, comisionados por Pepe Solla, farán gozar aos asistentes con pinchos únicos creados especialmente para o Festival. Este ano tamén coa presenza de novas promesas da gastronomía galega, novos valores que están promovendo e difundindo a nosa tradición culinaria.

Todo isto man a man con estudantes de escolas de hostalería galegas que vivirán unha oportunidade única de aprender ao lado de grandes figuras. Aqueles interesados en formar parte do equipo de axudantes, poden contactar co Festival en gastro@portamerica.es.

Como vén sendo habitual, non faltarán as actuacións sorpresa no escenario ShowRocking, sen dúbida un dos “imprescindibles” do PortAmerica.

O ShowRocking de PortAmérica levouse en 2015 o Premio Fest á mellor Zona de Restauración.

CICLO REFLEXIÓNS: O VALOR DA GASTRONOMÍA

Nesta edición estrénase unha nova actividade vinculada á cociña: unhas xornadas de reflexión sobre a evolución da gastronomía. Esta é unha profesión que se transformou en pouco tiempo. Nestas sesións intentarase dilucidar sobre o seu futuro.

O formato basearase en mesas de opinión e debates que correrán a cargo de grandes nomes da cociña e de cada un dos roles da cadea alimentaria e outras actividades. Todos eles aportarán a súa visión sobre unha temática tan relevante para Galicia.

LOS CHEFS DE PORTAMÉRICA 2017

Pepe Solla, Casa Solla*, Poio. Comisario
Diego Guerrero, DSTAgE**, Madrid
Roberto Ruiz y María Fernández, Punto Mx*, Madrid
Javier Olleros, Culler de Pau*, O Grove
Yayo Daporta, Yayo Daporta*, Cambados
Maca de Castro, Jardín*, Alcúdia
Iván Domínguez, Alborada*, A Coruña
Julio Sotomayor y Daniel Guzmán, Nova*, Ourense
Xoán Crujeiras*, Bido, A  Coruña
Estanis Carenzo, Chifa, Madrid
Edgar Núñez, SUD777, México DF
Manuel Núñez, Arume, Barcelona
Javier Estévez, La Tasquería, Madrid
Lucía Freitas, A Tafona, Santiago de Compostela
Héctor López, España, Lugo
Álvaro Villasante, Paprica, Lugo
Diego López, La Molinera, Lalín
Iago Pazos, Abastos 2.0, Santiago de Compostela
Iago Castrillón, 2 Estaciones, Valencia
Begoña Rodrigo, La Salita, Valencia
Alberto Lareo, Manso, Santiago de Compostela
Pablo Pizarro, Bocanegra, A Coruña
Jorge Gago, A Maceta, Santiago de Compostela
Roberto Filgueira, O Balado, Boqueixón
Antonio Botana, Pandemonium, Cambados
Iñaki Bretal, O Eirado, Pontevedra
Pablo Romero, Vinoteca Bagos, Pontevedra
Adrián Felípez, Miga, A Coruña

Comparte...