Máis de 100.000 visitantes na Ruta do Viño Rías Baixas

Máis de 100.000 visitantes na Ruta do Viño Rías Baixas

Ruta do Viño Rías Baixas, integrante do Club de Producto de las Rutas del Vino de España, superou en 2016 a barreira dos 100.000 visitantes. Este primeiro balance baseado nos datos do informe de ACEVIN (Asociación de Ciudades Españolas del Vino) foi presentado polo presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, e pola xerente, Lorena Varela.

Gil de Araujo destacou que “se rexistra un incremento dun 15% (14,91 por cento, para ser exactos) con respecto ao ano anterior no número de persoas que percorreron algunha das nosas adegas e museos do viño asociados”. As máis de 100.000 visitas rexistradas durante 2016 supoñen máis de 70% de incremento no último lustro, e máis dun 31% con respecto a 2014.

Neste sentido, Gil de Araujo indicou que “os resultados son o froito non só dos esforzos realizados polo ente xestor da Ruta do Viño Rías Baixas, senón tamén dos seus asociados, os que creo que se debe un recoñecemento público polo seu traballo e pola súa fe no proxecto. E é que este itinerario enoturístico, pioneiro en Galicia, naceu, fai xa 21 anos, con vocación de servir como motor da economía do territorio no que se asenta”.

Pola súa parte, Lorena Varela lembrou que Rías Baixas é único itinerario enolóxico galego integrado nas Rutas del Vino de España e na Guía de Rutas Enológicas Accesibles para Todas las Personas editada pola Plataforma Representativa Estatal de Personas con Discapacidad Física (PREDIF). Uns fitos os que se unen diversos recoñecementos e premios, como o recentemente recibido polo seu labor en pro da accesibilidade, que ratifican o bo facer desde a Ruta do Viño Rías Baixas.

Sobre el Club de Producto Rutas del Vino de España

O club está formado por 27 destinos enoturísticos localizados por toda a xeografía nacional potenciando os viños e a gastronomía de cada territorio, o traballo en rede, o turismo sostible e a colaboración público privada. Actualmente, agrupa a máis de 550 municipios e máis de 2.000 empresas (600 das cales son adegas) e recibe máis de 2,2 millóns de visitantes anuais nacionais e internacionais, experimentándose un crecemento á alza nos últimos anos.

Son Rutas del Vino de España: Alicante, Arlanza, Bullas, Calatayud, Campo de Cariñena, Cigales, El Bierzo Enoturismo, Empordà, Jumilla, Marco de Jerez, Garnacha-Campo de Borja, Lleida-Costers del Segre, Montilla-Moriles, Navarra, Enoturisme Penedès, Rías Baixas, Ribera de Duero, Ribera del Guadiana, Rioja Alavesa, Rioja Alta, Rueda, Serranía de Ronda, Sierra de Francia, Somontano, Txakoli, Utiel-Requena y Yecla.

Comparte...