18 profesionais danse cita no Campionato Galego de Coctelería

18 profesionais danse cita no Campionato Galego de Coctelería

Esta tarde o Hostal dos Reis Católicos acolle a edición anual do Campionato Galego de Coctelería, que nesta ocasión estará dedicado ao sparkling, é dicir, combinados que inclúen bebidas con gas, como espumosos e cavas. Tamén a partir das 20 horas coñeceremos ao ganador do Trofeo ao Mellor Cócter de Orujo de Galicia, impulsado polo Consello Regulador dos Aguardientes e Licores Tradicionais de Galicia, ademais dos títulos de Mellor Barman e Mellor Novo Barman Galego.

A cita, organizada pola Asociación Galega de Barmen, acredita aos seus vencedores para representar a Galicia no campionato nacional desta disciplina que se celebrará este ano en Valencia.

 

Comparte...