18 viños da D.O. MONTERREI PARTICIPARÁN NA GRAN FINAL DE GALLAECIA

18 viños da D.O. MONTERREI PARTICIPARÁN NA GRAN FINAL DE GALLAECIA

A Asociación Galega de Sumilleres celebrou en Monterrei a cata de clasificación para a entrega das súas Distincións Gallaecia 2014, na que resultaron seleccionados dez viños brancos e oito viños tintos para participar na Gran Final, aproximadamente a metade dos que se presentaran. 13 catadores, entre eles o presidente da asociación, Luis Paadín, valoraron un total de 35 caldos nunha mostra que reuniu viños das colleitas 2013 e 2012 en elaboracións brancas, e das colleitas 2013, 2012, 2011 e 2010 en tintas.

A Cata Final celebrarase os próximos 1 e 2 de setembro na Casa Grande de Fuentemayor (Pontevedra), e nela participarán os viños finalistas das cinco denominacións de orixe galegas que serán valorados por dez membros da asociación e un representante de cada consello regulador galego.

Comparte...