A Ruta do Viño Rías Baixas celebra os seus 20 anos con programación especial

A Ruta do Viño Rías Baixas celebra os seus 20 anos con programación especial

A asociación chega a este aniversario coa incorporación de Soutomaior, a única das subzonas do D.Ou que non estaba dentro da Ruta.

“Queremos ofrecer unha programación especial para todos os públicos e na que se poida dar a coñecer o amplo potencial que ten o noso itinerario enoturístico”. Así se expresaba o presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, Juan Gil de Araujo para anunciar a programación especial que a asociación enoturística está a ultimar con motivo do seu vixésimo aniversario, unha efeméride para a que estrearán novo logotipo, que acompañará todas as actividades da Ruta.

Ademais de seguir mantendo ofertas xa consolidadas como as Xornadas de Puertas Abertas ou a celebración do Día Europeo do Enoturismo, desde a Ruta do Viño Rías Baixas incorporaranse outro tipo de actividades de carácter novo e que “se irán desvelando aos poucos”, anuncia o presidente. Ademais, como reforzo, promoveranse distintas iniciativas en Redes Sociais (principalmente, en forma de concursos e sorteos) coas que tamén se quere premiar a fidelidade dos seguidores da Ruta do Viño Rías Baixas.

Desde a súa creación, en 1996, se han ir incorporando novos socios e conseguiuse ser até a data o único itinerario enoturísico galego certificado como Ruta do Viño de España, unha acreditación que acaban de renovar por dous ano máis. Ademais de ser tamén a única ruta do viño galega incluída dentro da Guía de Rutas Enológicas Accesibles para todas as Persoas. “Para a celebración deste 20 aniversario non nos esqueceremos destes colectivos para os que xa estamos a concretar unhas actividades determinadas adaptadas ás súas necesidades”, indica o seu presidente.

Actualmente a ruta conta cun centenar de socios entre entes públicos, empresas enológicas, de aloxamento e restauración, turísticas, de lecer e tempo libre, museos, enotecas e unha guía turístico especializada, e estrea este 20 aniversario coa incorporación dunha quinta subzona ao territorio da Ruta do Viño Rías Baixas: Soutomaior.

Comparte...