20 viños da D.O. Ribeira Sacra, premiados no concurso de CERVIM

20 viños da D.O. Ribeira Sacra, premiados no concurso de CERVIM

O pasado venres, no marco da tradicional comida de Nadal que organiza cada ano a D.O. Ribeira Sacra á que acoden adegueiros, membros do Consello Regulador e representantes da administración local e autonómica; realizouse a entrega de premios ás adegas galardoadas no concurso “Mondial deas Vins Extremes de 2016” organizado por CERVIM, un organismo internacional destinado á defensa e protección da viticultura de montaña en Europa.

A D.O. Ribeira Sacra acudiu a este certame, celebrado en xullo no Val de Aosta (Italia), cun total de 59 mostras: 50 de viño tinto e 9 de viño branco. A maioría dos caldos pertencían ás anadas de 2015 e 2014, pero tamén houbo mostras do ano 2013 e mesmo anteriores.

En total, os viños Ribeira Sacra obtiveron 20 premios, entre os que se inclúen 1 Premio Especial (Don Bernardino 4 Generación, 2012), 1 Gran Medalla de Ouro (Don Bernardino 4 Generación, 2012), 8 Medallas de Ouro (Sombrero Tinto Roble 2014, Don Bernardino 2015, Adega Vella 2015, Verdes Matas 2015, Ciusadeis Celamide 2015, Tear 2015, Abadía da Cova 2014 e Regina Expression 2012)  e 10 Medallas de Prata (Cruceiro 2015, Décima 2015, Viña Mezquita 2015, Viña Peón 2015, Regina Viarum 2015, Por Vide 2015, Viña Cazoga 2015, Abadía da Cova 2015, Adega Vella 2015 e Regina Viarum Ecologico 2013).

Comparte...