23 galardóns para a D.O. Ribeiro

23 galardóns para a D.O. Ribeiro

A D.O. Ribeiro pecha o “Certamen Internacional de Vinos Blancos Gallegos” cun total de 23 galardóns: 1 Gran Tempranillo de Ouro, 10 Tempranillos de Ouro e 12 Tempranillos de Prata; nun evento no que participaron preto de 150 caldos de todas as denominacións de orixe galegas e que estaba incluído no “Concurso Internacional Itinerante de Tempranillos al Mundo“, organizado pola Federación Española de Asociaciones de Enólogos (FEAE) e a Asociación Galega de Enólogos (AGE).

O certame, que xa se pasou por importantes cidades como Xangai, Colonia, Copenhague, Estocolmo, París ou Nova York; celebrouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense entre o 8 e o 10 de novembro. O xurado encargado de seleccionar aos galardoados estivo composto por 25 catadores expertos, que probaron un total de case 500 mostras entre os dous concursos.

Estes son os viños D.O. Ribeiro premiados:

GRAN TEMPRANILLO DE ORO

Sanclodio – Producións A Modiño

TEMPRANILLO DE ORO

Ramón do Casar – ADEGA RAMÓN DO CASAR

Canción de Elisa – ADEGA DONA ELISA

Javier Vasallo – JADE CONSULTING

Alter – VIÑA DA CAL

Mauro Estévez – JOSÉ ESTÉVEZ FERNÁNDEZ

Pazos de Albor – MÓNICA ALBOR LÓPEZ

Armán Finca os Loureiros – CASAL DE ARMÁN

Casal de Armán – CASAL DE ARMÁN

Manuel Rojo – ADEGA MANUEL ROJO

Gotas de Mar – Godello – ADEGA RAMÓN DO CASAR

TEMPRANILLO DE PLATA

Ramón do Casar Nobre – ADEGA RAMÓN DO CASAR

Ramón do Casar Treixadura – ADEGA RAMÓN DO CASAR

Son de Arrieiro – XULIA MAR BANDE PIVIDA

Gran Alanís – BODEGA ALANÍS

Priorato de Razamonde – VIÑA DA CAL

Farnadas – PAZO DE VIEITE

Benedictus Fructus – ADEGA VAL DE SOUTO

Expresión de Pazo do Mar – ADEGA PAZO DO MAR

Colección 68 – VIÑA COSTEIRA

3URA – CAMPANTE

Val de Nairoa – BODEGAS NAIROA

Cunqueiro III Milenium – BODEGAS CUNQUEIRO

Comparte...