3 adegas galegas no top 100 internacional para Wine& Spirits

3 adegas galegas no top 100 internacional para Wine& Spirits

As adegas da D.O. Rías Baixas Palacio de Fefiñanes e Forjas del Salnés e da D.O. Ribeiro, Luís A. Rodríguez Vázquez, conseguiron entrar na listaxe das 100 mellores adegas do mundo para a revista norteamericana Wine& Spirits Magazine. Este ránking, que se publica cada ano, elaborouse tras probar 15.500 elaboracións de adegas de todo o mundo, a maior cifra catada polos expertos que redactan esta publicación ata o momento.

As marcas seleccionas formarán parte da Cata Especial que se celebrará o próximo 9 de outubro en San Francisco, Estados Unidos, que celebra o seu décimo quinta edición, na que se poñerán en valor ás 100 mellores adegas do ano.

Sen dúbida, un gran apoio de visibilidade internacional que é un froito máis do esforzo que está a realizar o sector vitivinícola galego por alcanzar a máxima calidade.

Comparte...