O terceiro Concurso de Polbeiros de San Froilán abre o seu período de inscrición

O terceiro Concurso de Polbeiros de San Froilán abre o seu período de inscrición

Con motivo da celebración do San Froilán 2016, o Concello de Lugo convoca o terceiro Concurso de Polbeiras e Polbeiros San Froilán 2016

Esta cita, que se celebrará o 6 de outubro, ten como obxectivo incentivar e premiar os coñecementos e habilidades dos polbeiros profesionais do ámbito de Galicia en materia de elaboración e servizo do popular polbo á feira.

A data límite para a inscrición de participantes do concurso, que se celebrará no Mercado Municipal de Abastos, na rúa Quiroga Ballesteros, é o día 23 de setembro.

O gañador do concurso levará un premio de 1.000 euros, mentres que o segundo premio recibrá un aloxamento dunha noite para dúas persoas no Balneario de Lugo. Ademais, todos os participantes levarán un lote de produtos do Mercado Municipal e un diploma acreditativo.

O acto de entrega de premios levarase a cabo no momento no que o xurado faga público o seu veredicto. Terá lugar no propio Mercado Municipal de Abastos o mesmo día do concurso ás 20.00 horas.

Unha vez rematado o certame, haberá un degustación. Para participar, será necesario retirar previamente o ticket por importe de 1 euro no propio mercado ese mesmo día entre as 17.00 e as 19.30 horas. Ás 20.30 horas dará comezo a degustación.

Para participar é necesario enviar a ficha de inscripción que se encontra ó final das bases do concurso ó enderezo electrónico cultura@concellodelugo.org ou por fax -982 297 106-.

Comparte...