Máis de cen persoas asistirán á festa do 30 aniversario de Godeval

Máis de cen persoas asistirán á festa do 30 aniversario de Godeval

O próximo día 2 de xullo Godeval celebrará os seus 30 anos de existencia cunha festa á que se preve que asistan máis de 100 persoas

O evento terá lugar nos xardíns da adega nova na localidade barquense de Xagoaza. Os sentidos serán os protagonistas desta celebración, unindo o goce dos viños da adega maridados cunha cea especial, a música da cantante galega Uxía Senlle, a coctelería con augardentes e unha contorna única ao aire libre entre viñedos.

A cea cóctel será a base de 12 petiscos diferentes, elaborados polo cociñeiro Víctor Fernández, do Barco, maridados cos viños de godello da adega. A festa tamén contará con coctelería elaborada cos augardentes da adega.

O prestixioso cocteleiro Diego Mosquera, alcumado por algúns expertos como o Ferrán Adriá da coctelería e ademais vicepresidente da Asociación Galega de Barman (Agaba), será o encargado de elaborar os diferentes combinados. A velada que empezará ás 7 da tarde, prolongarase ata a medianoite e deparará máis sorpresas.

Comparte...