34 viños galegos galardoados nos premios Bacchus 2016

34 viños galegos galardoados nos premios Bacchus 2016

El albariño Altos de Torona 2015, de la D.O. Rías Baixas, consiguió un Bacchus de Oro

Trinta e catro viños de catro denominacións de orixe galegas foron galardoados nos Premios Bacchus 2016. No concurso internacional, organizado pola Unión Española de Catadores (UEC), presentáronse 1.854 viños procedentes de 21 países produtores.

Un xurado composto por 80 expertos de diferentes países foi o encargado de outorgar estes distintivos ás referencias galegas máis destacadas do momento mediante unha cata a cegas.

Neste certame vinícola internacional máis relevante de España 9 Rías Baixas: Maior de Mendoza, Altos de Torona, Ceo, Esencia Diviña, Turonia, Aravo, Segrel Ambar, Quinta de Couselo, Calabobos; un Ribeiro:Alter, un Monterrei: Fraga do Crovo e un Ribeira Sacra: “G” Ponte da Boga, foron distinguidos na categoría de ouro ; e 19 Rías Baixas, dous da Denominación de Orixe Ribeiro e un Ribeira Sacra recibiron o premio na categoría de prata.

Pódese consultar a listaxe completa dos viños gañadores aquí.

Comparte...