Todo listo para a 3ª edición de Pinchanogrove

Todo listo para a 3ª edición de Pinchanogrove

O concello de O Grove  acollerá do 10 ao 26 de marzo a III edición do concurso de pinchos Pinchanogrove. O evento, enfocado a promoción da gastronomía local, ofrece ao público a posibilidade de realizar unha ruta culinaria polos diferentes establecementos participantes. Ademais, valorar os pinchos consumidos (que teñen un prezo de 2 euros) pode ter premio, ben a través dos boletos de puntuación ou ben reunindo todos os selos dos locais na “pinchoguía”.

Comparte...