Máis de 40 adegas e colleiteiros na Feira do Viño do Ribeiro

Máis de 40 adegas e colleiteiros na Feira do Viño do Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 54ª edición, terá lugar os días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2017, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense). Na presentación fíxose especial mención ao alto número de participantes, o maior rexistrado nos 54 anos de existencia do evento, alcanzando un global de 42, entre adegas e colleiteiros da Denominación de Orixe Ribeiro.

As actividades enogastronómicas, catas e showcookings, a cargo de cociñeiros e sumilleres de recoñecido prestixio, a cata popular (onde se poderán catar a cegas todos os viños presentes na feira), unha zona de gastronomía con varias Food Trucks e unha pulpeira.

Outros focos de atracción serán tamén a actividade “Ribeirolandia”, que funcionou con éxito na edición anterior e que deixou moi satisfeitos os máis pequenos, as actividades de maxia, ou a oferta de traslado en autobús desde Ourense, Vigo e Santiago de Compostela.

Actuacións musicais

As actuacións musicais, principal novidade da programación deste ano, veñen a cubrir unha demanda, tanto de público asistente en edicións anteriores como dos propios adegueiros e colleiteiros participantes, que complementará a oferta vitivinícola, cultural e gastronómica do recinto.

Dende a organización apóstase por grupos e artistas locais, de rexistros variados e con música para todo o mundo, ambientando distintamente segundo as zonas horarias do día.

O escenario das actuacións estará situado na zona das Food Trucks, na que haberá cinco postos de comida máis unha pulpeira, na que se ofertará unha gastronomía variada e moi apetecible para todos os públicos.

SÁBADO 29 ABRIL 2017

SESIÓN VIÑO APERITIVO:

  • Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Roger de Flor”

SESIÓN NOCTURNA:

  • Ás 21.00 h, no palco da Alameda: “En Mala Hora”

DOMINGO 30 ABRIL 2017

SESIÓN VIÑO APERITIVO:

  • Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Marem Ladson”

SESIÓN NOCTURNA:

  • Ás 21.00 h, no palco da Alameda: “The Teta´s Van”

LUNS 1 MAIO 2017

SESIÓN VIÑO APERITIVO:

  • Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Gonzalo Arca”
Comparte...