42 variedades de aguardentes e licores tradicionais compiten nas Catas de Galicia 2018

42 variedades de aguardentes e licores tradicionais compiten nas Catas de Galicia 2018

O inicio das catas de viños e augardentes para elixir as mellores variedades da nosa comunidade comezou. Organizado pola Consellería do Medio Rural, este certame premia anualmente aos mellores exemplares de viños, licores e augardentes de Galicia.

A   XX Cata de  Aguardentes e VII Cata de Licores  Tradicionais organízase en colaboración co Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. A cata desenvolveuse este luns nas instalacións do CIFP Compostela, en Santiago e a ela presentáronse un total de 42 marcas, que o xurado tivo que avaliar. Este xurado estivo composto por 7 catadores, 4 deles pertencentes ao Consello Regulador de Augardentes e Licores de Galicia, e outros 3 correspondentes a un panel externo, organizado pola Xunta de Galicia e no que participou por primeira vez a xornalista galega Silvia Jato.

O presidente do Consello Regulador, José Antonio Feijóo afirmou que todos os licores e augardentes presentados este ano son “moi aromáticos, agradables e suaves en boca”.  Ademais, destacou que “dentro do Consello Regulador cada vez estase ampliando máis o abanico de destilados, os cales abarcan a un maior tipo de consumidores”.  De entre as 42 mostras de augardentes presentadas había 15 augardentes amparados pola Indicación Xeográfica Augardente de Galicia, 13 de Licor de Herbas de Galicia e 14 de Licor Café de Galicia.

A  XXX Cata dos viños, conta coa colaboración dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra. Este ano, a Cata de Viños premiará a un total de 20 categorías diferentes, incluíndo algunhas como o mellor viño tostado, ecolóxico, os mellores brancos e tintos de cada unha das denominacións….

Comparte...