Preto de 5.000 persoas na décima edición de Fevino

Preto de 5.000 persoas na décima edición de Fevino

Un total de 3.976 profesionais e 768 afeccionados ao viño pasaron polo recinto do Museo da Construcción Naval onde se celebraba a décima edición de Fevino xestionado pola Fundación Exponav os días 3 e 4 de abril. Isto supón unha leve caída do total de visitantes con respecto ao datos do ano 2015 pero unha maior porcentaxe de implicación de profesionalización.

Entre os profesionais do sector atopábanse distribuidores, comerciais, hosteleiros, sumilleres, estudantes de restauración, membros de entidades profesionais, críticos e xornalistas, unha representación do 83,8% do total dos asistente. O 16,2% restante corresponde a aqueles clientes finais que os propios profesionais consideraron oportuno convidar.

Esta edición abriuse coa entrega dos premios a Luis Gutirérrez, Álvaro Palacios e Marisol Bueno, ademáis tamén foron galardoados a Guía Michelin, o Museo Vivanco de la Cultura del Vino  e a Escuela de Hostelería de la Armada.

Fevino 2017 cumpriu cun dos obxectivos máis demandados polos expositores, a profesionalización paulatina do Salón, e conseguiu codearse con salóns de toda España e Europa, recibindo felicitacións por parte de adegueiros, distribuidores e público profesional.

Comparte...