60 marcas da D.O. Rías Baixas, protagonistas na sétima edición da Cata das Añadas

60 marcas da D.O. Rías Baixas, protagonistas na sétima edición da Cata das Añadas

A Cata das Añadas, que celebrou a súa sétima edición, distinguiu 33 adegas que recolleron 7 Gran  Colleitas de  Ouro, cunha puntuación superior a 92, 40  Colleitas de  Ouro, con  unha nota entre 85 e 92 puntos,  e 13  Colleitas de  Prata, entre 82 e 85. Este certame  bienal e que busca demostrar as posibilidades de garda dos viños Rías Baixas, celebrou o venres 23 a entrega de premios no Castelo de Soutomaior, Pontevedra.

O xurado, composto por 27 expertos, tanto profesionais do Consello Regulador como 9 externos, valorou 75 referencias de 36 adegas.

Comparte...