A Curtidoría celebra o Día Nacional do Celíaco cun curso gratuíto de cociña sen glute

A Curtidoría celebra o Día Nacional do Celíaco cun curso gratuíto de cociña sen glute

O restaurante compostelán A Curtidoría, situado na rúa da Conga e dirixido por Borja Portals, programou para el próximo luns, 27 de maio, unha clase de cocina sen glute coincidindo con el Día Nacional do Celíaco, actividade que desenvolverá coa colaboración e baixo o asesoramento da Asociación de Celíacos de Galicia (Acega).
Este obradoiro de cociña sen glute, que comezará a las 19:30 horas, consistirá na elaboración dun prato salgado e unha sobremesa. Para iso, repartiranse os participantes en dous grupos e cada un deles cociñará un arroz seguindo as indicacións do propio Borja Portals. Despois, todos xuntos, realizarán unha sobremesa tamén apta para celiacos coa axuda de Yolanda Iglesias, autora do blog Magdalenas de Chocolate e gañadora do primeiro concurso de sobremesas sen glute da Curtidoría.
Ademais de trucos para realizar todo tipo de pratos aptos para persoas intolerantes ao glute, mentres se desenvolve a actividade os participantes aprenderán grazas a Acega cales son aquelas precaucións básicas que se han de tomar á hora de cociñar para persoas celiacas. Un destes aspectos é a denominada contaminación cruzada, que se produce cando un alimento que no contén glute entra en contacto con outros que si o teñen, por exemplo, a través dos utensilios utilizados no momento de cociñar.
O curso, totalmente gratuíto, terá unha duración de ao redor de dúas horas e pecharase coa degustación dos pratos cociñados polos asistentes. As persoas maiores de idade interesadas en asistir ao mesmo deberán formalizar a súa inscrición mandando un mail cos seus datos (nome e número de teléfono) á dirección de correo electrónico info@acurtidoria.com. As prazas son limitadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.

Sensibilidade cara aos celiacos
A Curtidoría leva desde a súa apertura hai quince anos colaborando con Acega para poder atender dun xeito adecuado a os seus clientes celiacos. Dispón dunha carta específica sen glute que inclúe pan, pastas, viños o cervexas dentro dunha oferta xeral que, xa na súa maioría, é apta para todos os públicos.

Comparte...