A Curtidoría prolonga as xornadas de ‘arroces heavies’

A Curtidoría prolonga as xornadas de ‘arroces heavies’

O restaurante compostelán A Curtidoría decidiu prolongar as súas xornadas de ‘arroces heavies’ bautizadas como ‘Rock & Roz’ e que agora continuarán ofrecendo aos seus clientes ata o 9 de decembro para que poidan gozalas tamén durante a ponte da Constitución.

Arroz con rabo de boi estofado, Arroz con cogomelos, queixo San Simón e foie, Arroz con carrilleras de porco celta, Arroz con pichón e castañas e  Arroz con bacoriño ao forno son os pratos que poden degustarse nestas xornadas, opcións pensadas para aqueles a os que lles gusta  combater o frío con sabores fortes.

“Estas xornadas simbolizan perfectamente o carácter da Curtidoría, clásico, e á vez, inconformista”, sinala Borja Portals, alma máter da Curtidoría e de outros proxectos de hostalería e restauración en Santiago e en Esteiro. “A nosa carta é o maior exemplo: pratos tradicionais, dando protagonismo ao produto de aquí… pero sempre cun punto innovador, incorporando tendencias gastronómicas internacionais e algunhas travesuras”, explica.

Camiseta e cubalibre

Quen se achegue ata o 9 de decembro á Curtidoría e pidan un Rock & Roz levarán a camiseta oficial, e, ademais, aos que se fagan unha foto con ela no photocall do evento, súbana nese momento ás redes sociais etiquetando á Curtidoría e usando o hastag # rockandroz convidaráselles a un cubalibre Rock& Roz.

Nove toneladas de arroz en catorce anos

A Curtidoría cumpriu xa 14 anos e preparou distintas iniciativas para celebrar a súa entrada na adolescencia. Pescudar o número de toneladas de arroz que A Curtidoría leva cociñados ao longo da súa historia era o requisito para participar no concurso lanzado en redes sociais o propio día dos aniversarios. A resposta eran nove toneladas de arroz. Case nada!

Comparte...