A Estación, alta cociña, low cost

A Estación, alta cociña, low cost

A Estación, o restaurante rexentado por Beatriz Sotelo e Juan Crujeiras conta cunha estrela Michelín e unha clientela fiel pero, segundo nos di Crujeiras, a percepción do público máis próximo é que se trata dun restaurante caro e “para estirados” o que reduce a presenza no mesmo dunha boa parte dos potenciais clientes máis próximos.

Beatriz e Juan decidiron probar sorte cos modernos sistemas de vendas con desconto e, á vista dos resultados, xa é a terceira vez que repiten. “Desta volta en poucas horas van vendidos preto de 300 bonos” indica Xoán, que afirma que parte dos clientes que os coñecen por este sistema acaban convertidos en habituais da casa.

Ademais, os bonos permiten unha alta ocupación nos días laborables, que son os máis floxos no restaurante. “Non é o mesmo que un día de semana teñas unhas poucas mesas ocupadas ou que o restaurante estea cheo”.

O menú que ofrecen, por 37 euros (bebidas aparte) non supón a rebaixa da habitual calidade da casa. O que venden ata a medianoite do 20 de decembro é o seguinte:

Snacks – Degustación de aceites de oliva virxen – Crema de millo con langostino crocante en millo tostado – Zamburiñas á prancha, vinagreta de froitos secos, tomate e albaca – Ovo trufado a baixa temperatura, pataca violeta e ragú de setas – Peixe do día frito, emulsión de mostaza e cus cus de quinoa – Carrilleira de tenreira estufada ao viño tinto, pasta fresca e queixo San Simón da Costa – Carro de queixos, os seus contrastes e viño doce. Sobremesas: Gin and tonic xelado – Brioche caramelizado con piña. Café e Petit Fours.

Comparte...