“A Ultramar” de Vigo une a Pepe Vieira e a El Corte Inglés

“A Ultramar” de Vigo une a Pepe Vieira e a El Corte Inglés

El Corte Inglés segue apostando pola alta gastronomía española, esta vez en Galicia. O vindeiro luns 28 poñerase en marcha o novo espazo de A Ultramar, o restaurante de Pepe Vieira, na sétima planta dos grandes almacéns que a compañía ten en Vigo.

O chef Xosé Cannas, gañador dunha estrela Michelín no seu establecemento de Poio Camiño da Serpe, inaugura o establecemento de 100 metros cadrados, concibido como unha gran cociña e con capacidade para 50 comensais. O obxectivo de A Ultramar é conseguir facer aos seus comensais “respirar, vivir, gozar e experimentar” o ambiente dunha auténtica cociña.

Este novo local, froito do restaurante matríz do cociñeiro, únese ao xa existente no Museo de Pontevedra: dous A Ultramar para “dúas cidades de ría, abertas ao universo a través do océano”. Precisamente este concepto, o da “galeguidade” máis aló das fronteiras de Galicia, é o que quere transmitir Pepe Vieira nas creacións culinarias do restaurante.

Comparte...