Aberto o prazo de matrícula para o Curso de Especialización en Barman Profesional en Santiago

Aberto o prazo de matrícula para o Curso de Especialización en Barman Profesional en Santiago

O Instituto Galego do Viño xa abriu o prazo de matrícula para participar no curso de Especialización en Barman Profesional, que comezará o 2 de marzo na Cidade da Cultura, Santiago. O número de prazas, 25, definiuse para garantir un trato personalizado e directo entre alumnos e docentes.

O mellor barman do ano FIBAR 2014, Alberto Pizarro, finalista ademais en 2011 no World Class celebrado en Nova Delhi tras gañar o Word Class España e socio do Bobby Gin Barcelona, formará parte do cadro docente, ao igual Miguel Pérez, premiado na categoría de mellor menú de coctelería do ano FIBAR 2014, director das sección de coctelería do restaurante Columbus (Madrid) e head batender nas salas máis emblemáticas de España como Chicote ou Costello Club.

O brand ambasador en coctelería para Perrier, Javier Caballero; o creador do Bar Silencio, destacado como mellor bar de Europa e 16º do Mundo pola revista Drink’s International, Joao Eusebio, tamén exercerán como profesores xunto, entre outros, ao Premio Nacional de Coctelería 2001, Diego Mosquera, e ao director de Restauración do Casino da Toja, José Soto, ambos os dous responsables técnicos deste curso de especialización.

Xa se pode formalizar as inscricións a través da páxina web www.institutogalegodovino.com.

Comparte...