Aberto prazo para unha nova edición do Curso de Especialización en Barman Profesional

Aberto prazo para unha nova edición do Curso de Especialización en Barman Profesional

O Instituto Galego do Viño abriu o prazo de inscrición para solicitar unha praza na segunda edición do Curso de Especialización en Barman Profesional que se desenvolverá ao longo de 150 horas teóricas e prácticas a partir de febreiro nas instalacións da Cidade da Cultura.

Dirixido a traballadores, empresarios e directivos do sector hostaleiro, titulados en hostalaría que queiran especializarse en bebidas Premium e profundar na mixología, camareiros, docentes, xornalistas especializados, bloggers e comunicadores, distribuidores e importadores, o curso, que se iniciará o 15 de febreiro busca ?ofrecer unha formación de vangarda nun sector que está en pleno auxe no noso país?, comentou o director do Ingavi, Xoán Cannas.

As prazas son para 25 alumnos en total e tanto o profesorado como os contidos repiten con respecto á pimera edición, con profesionais como Luca Cinalli, Marc Álvarez, Alberto Pizarro, Miguel Pérez, Javier Caballero, Diego Mosquera e José Soto, entre outros, adiantou Cannas, quen engadiu que ?estarán os mellores de cada especialidade dentro do bartending en formato de masterclass?.

Metodoloxía docente e contidos

As sesións lectivas terán lugar os luns de 9.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 20.00 horas mentres que o apartado práctico, que se celebrará os mércores, desde o 6 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 20.00 horas. A avaliación será realizada mediante un exame, sendo necesario superar con éxito esta proba para obter o título. Aquelas persoas que desexen participar no proceso de selección poderán inscribirse e obter máis información en www.institutogalegodovino.com.

Comparte...