Aceites Abril presenta a próxima semana o seu aceite 100% galego

Aceites Abril presenta a próxima semana o seu aceite 100% galego

Aceites Abril, a maior empresa galega de elaboración e comercialización de aceites, presentará a próxima semana o seu novo aceite cen por cen galego, elaborado en Galicia con olivas producidas na comunidade autónoma.

O 26 de novembro un grupo de invitados pola firma terán a oportunidade de participar no vareo e recollida de olivas e posteriormente asistir ao procesamento das mesmas e elaboración do aceite na almazara de Abril, aceite que se catará de inmediato, nun showcooking de Diego López, do restaurante A Molinera.

Para o público en xeral a compañía organizou dúas actividades no Centro Comercial Ponte Vella, en Ourense, os días 27 e 28 de novembro.

A primeira desas actividades (día 27) será un showcooking a cargo do cociñeiro colombiano Wil Alfonso, que realizará unha demostración de repostaría creativa con castañas e xelatinas 3D.

Ao día seguinte será a quenda de Inés Abril, cociñeira do restaurante Maruja Limón e participante no concurso televisivo Top Chef. Cociñará en directo co primeiro aceite de oliva cen por cen galego de Aceites Abril.

Comparte...