Balance de Aceites Abril e de Augardentes e Licores no Salón Gourmets

Balance de Aceites Abril e de Augardentes e Licores no Salón Gourmets

A presenza galega no Salón Gourmets xa tivo unha primeira información en Benbo.eu, que hoxe complementamos con el balance de Aceites Abril y del Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

A cata de Aceites Abril, impartida polo oleólogo, Luis Rubio, tivo unha grande aceptación.

Mostráronse tres aceites: Gotas de Abril, un coupage premium de aceite de oliva virxe extra Premium das variedades frantoio, hojiblanca e arbequina; e dous monovarietales: arbequina e picual.

Luis Rubio destacou que o obxectivo desta cata foi “apreciar o aceite e gozar das súas diferentes variedades”. Rubio salientou as fases olfactiva e gustativa dos tres aceites de Abril: “o arbequina, máis suave e equilibrado; o coupage Gotas de Abril máis intermedio en intensidade e máis elegante en sabor; e o arbequina, máis intenso con aromas folla verde e herbas”.

Seguidamente, o cociñeiro Miguel Mosteiro preparou dous pratos con produtos galegos. Os participantes puideron gozar da navalla da ría con ensalada de alga wakame e vinagreta de algas; así como co bonito de Burela con salsa de piquillos e pistachos, ambos os dous, como non podía ser doutro xeito, con Aceites Abril.

Pola súa parte, o Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia volveu participar en Gourmets dentro do posto conxunto da Consellería de Medio Rural, no marco das catas organizadas con produtos amparados polas indicacións xeográficas e denominacións de orixe.

Catro foron os produtos que protagonizaron a cata, que estivo a cargo da secretaria do Consello Regulador, Carmen Otero: augardente de augardente, augardente de herbas e os licores amparadas, de herbas e de café, que se maridaron con Torta de Santiago. A confusión entre augardentes e licores así como os pasos para a destilación foron algúns dos seus puntos.

A capital de España segue a ser un dos principais mercados destas bebidas espirituosas, xunto coas grandes cidades do norte peninsular.

Comparte...