Aceites Abril aterra en Nova York

Aceites Abril aterra en Nova York

A marca galega Aceites Abril deu un paso máis na súa estratexia de internacionalización, atacando esta vez ao mercado norteamericano, centrando a súa actividade na cidade de Nova York. A empresa ourensana asinou un acordo con dúas cadeas de supermercados locais, o que lle permite comezar a establecerse en este novo e esixente mercado. A firma consolida deste xeito a súa aposta pola venda fóra de España, que xa constitúe máis do 40% da súa produción.

Segundo Elena Pérez, responsable da área de Marketing, “EUA é un país no que existe unha alta competencia e no que os aceites italianos, turcos, gregos e mesmo marroquís tomaron posicións firmes. Os aceites españois están a conseguir avanzar rápido grazas á calidade e ao esforzo diferenciador en canto a packaging. ” Pérez apunta, ademais, en referencia á comunidade galega residente en Nova York, que “agora levamos os nosos produtos ao supermercado Associated, en Astoria, a poucos metros do Club Social Casa Galicia, onde os seus 1000 socios a partir deste mes poderán comprar un aceite máis da terra que non encontraban antes. “

Comparte...