Aceites Abril recibíu a asociación galega de empresa familiar

Aceites Abril recibíu a asociación galega de empresa familiar

A empresa familiar, con representantes en sectores como o agroalimentario, ten un destacado peso na economía galega

A firma galega de aceite Aceites Abril con sede en Ourense recibiu nas súas instalacións unha representación da Asociación Galega da Empresa Familiar.

José Manuel Pérez Canal, conselleiro delegado da aceitera, foi o encargado de relatar as orixes, traxectoria e proxectos dunha empresa que tamén é unha compañía familiar.

Uns 40 membros da entidade empresarial formaron parte da expedición, que tamén departiu co alcalde de Ourense Xesús Vázquez Abad.

Na visita percorreuse o ciclo do produto na planta, coa recepción do aceite que se analiza no laboratorio de control de calidade, ata o seu almacenamento pasando por sete liñas de envasado: seis en formatos de plástico-PET e unha en vidro. Así mesmo visitaron a nova planta de refinería de aceites aberta en marzo.

No último número da Revista Benbo pódese atopar unha reportaxe sobre o momento, historia e perspectivas do aceite galego.

Sobre a Asociación Galega da Empresa Familiar

A Asociación Galega da Empresa Familiar está formada por 55 firmas que facturan máis de 7.600 millóns de euros, o equivalente ao 16,5% do PIB do país. Nela están representadas empresas de sectores como a industria alimentaria, o conserveiro, a distribución, a construción, o sector madeireiro e enerxético, o sector lácteo, a automoción ou os medios de comunicación.

Comparte...