Showcooking de Aceites Abril no Fórum Gastronómico Coruña

Showcooking de Aceites Abril no Fórum Gastronómico Coruña

Aceites Abril protagonizou un showcooking no Fórum Gastronómico da Coruña. A sesión, baixo o título ‘Aceite de Oliva Virxe Extra, un ingredinte para mellorar os menús’, contou con Jorge Guitián Castromil como mestro de cerimonias e os exquisitos platos elaborados en directo polo chef pertencente a Grupo Nove Álvaro Villasante, que se maridaron cos viños de Bodegas Horacio Gómez (Altos de Torona).

Coa fin de dar a coñecer o potencial e para sacar todo o partido os distintos Aceites de Oliva Virxen Extra (AOVE) elaborados pola empresa ourensana, combinouse unha cata de tres tipos diferentes de AOVE con outras tantas propostas culinarias e os viños de Bodegas Horacio Gómez. Na súa breve explicación, Jorge Guitián destacou que nos aceites tamén se poden distinguir matices e sabores distintos, dependendo da variedade de aceituna que se utilice. “Ao igual que nos zumes, as froitas apórtannos diferentes sabores, os aceites, dependendo da variedade de aceituna que se utilice na súa elaboración, tamén nos aportan sabores e características distintas con matices máis doces, picantes ou amargos os platos”, indicou.

En primeiro lugar, degustouse o AOVE Ecolóxico utilizado na proposta culinaria que o chef do Grupo Nove denominou ‘Pil pil de grelo con aceite ECO’ maridado co viño Altos de Torona Rosal, da Denominación de Orixen Rías Baixas. Producido e elaborado cun respecto absoluto ao medio ambiente, o AOVE Ecolóxico aporta un aroma afroitado verde e un sabor suave os platos.

A continuación, catouse o AOVE Gotas de Abril. Tráta dun coupage de AOVE Premium das variedades arbequina, hojiblanca e frantoio. Destaca polos seus matices de herba verde, resaltando a sensación doce e cun retrogusto amargo e picante. Este AOVE foi utilizado por Álvaro Villasante na elaboración do ‘Pastrami á feira’, plato que se degustou maridado co viño Regina Expresión, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

AOVE Oliveiras Galegas

O showcooking da empresa ourensana no Fórum Gastronómico finalizou cunha degustación do AOVE Oliveiras Galegas, que se utilizou na elaboración dun exquisito postre: ‘Xeado de Aceite Galego, pan de modesto e laranxa’. Unha deliciosa receita maridada co viño Altos de Torona Espumoso Brut (D.O. Rías Baixas) e coa que todos os asistentes quedaron cun bo sabor de boca. O AOVE Oliveiras Galegas é un coupage das variedades picual e arbequina recollidas nas oliveiras galegas.

Comparte...