Aceites Abril inaugura unha planta de refinado de aceites en Ourense

Aceites Abril inaugura unha planta de refinado de aceites en Ourense

Aceites Abril ven de inaugurar a súa nova planta de refinación de aceites, que está situada no polígono de San Cibrao dás Viñas (Ourense). O acto, ao que asistiron numerosas autoridades públicas e os responsables da marca, remataba cunha degustación e showcooking a cargo de Diego López, elixido mellor cociñeiro galego do ano na pasada edición Fórum Gastronómico da Coruña, e de Paco Gómez, gañador do Concurso de Pulpeiras do Fórum Gastronómico da Coruña 2015. Ambos os dous xefes de cociña prepararon receitas nas que os produtos de Aceites Abril eran o principal ingrediente. Da sobremesa encargouse o prestixioso barista Óscar de Toro, que sorprendeu ós asistentes co seu singular café de pota.

Comparte...