Aceites Abril mostra a calidade dos seus AOVE no Salón  Gourmets de Madrid

Aceites Abril mostra a calidade dos seus AOVE no Salón Gourmets de Madrid

Fiel á súa cita anual, Aceites Abril levou a promoción dos seus produtos ao Salón de Gourmets de Madrid. Esta mostra, que se desenvolve ata o 11 de abril, é unha das feiras nacionais de referencia para a empresa ourensá.

Entre as actividades propostas por Aceites Abril cabe destacar a cata comentada e showcooking dirixidos polo chef Pedro Pérez, do restaurante Bacelo e integrante do proxecto Cociña Ourense. Esta proposta, que conta co firme apoio da empresa aceiteira, ten como principal obxectivo mostrar o potencial enogastronómico dos produtos autóctonos da provincia ourensá, poñéndoos en valor e utilizándoos, deste xeito, como reclamo turístico.

O gran protagonista desta cita foi o AOVE Oliveiras Galegas, o Aceite 100% galego que elabora a firma ourensá. As súas excelentes calidades mostráronse aos profesionais asistentes durante a actividade desenvolta na Sala de Catas da Caseta 6 H30. En primeiro lugar, este produto 100 % galego comparouse co AOVE Hojiblanca de Aceites Abril, destacando os que ambos son de colleita temperá, e perfectos para percibir aromas afrutados, ademais posúen perfís diferentes. O chef Pedro Pérez explicou as características dos dous aceites de Abril, á vez que recomendou certos usos para cada un deles.

Do mesmo xeito, ambos os AOVE de Aceites Abril foron utilizados na elaboración de dous pratos elaborados polo chef do Restaurante Bacelo. En primeiro lugar, degustouse un Allo branco de abelás do país e plantas de leituga con Hojiblanca. Unha opción máis lixeira que deu paso á Empanada de bacallau 2.0 con aceite galego. Unhas elaboracións que sorprenderon moi gratamente aos profesionais asistentes a esta actividade dentro de Salón de Gourmets que puideron degustar ambos os pratos acompañados do vino Mil Ríos Godello da D.O. Valdeorras.

Comparte...