Aceites Abril recibe o Premio ao Emprendedor Histórico

Aceites Abril recibe o Premio ao Emprendedor Histórico

Aceites Abril recibiu o Premio ao Emprendedor Histórico, galardón entregado no marco do II Congreso Polígono Virtual de Galicia “Termal Business”, celebrado en Ourense. Unha distinción que foi recollida por Marta Pérez Canle, quen sinalou que “para a miña e para a miña familia é todo un honor” e agradeceu aos organizadores do congreso, ao Concello de Ourense e ao Polígono Virtual de Galicia que sexan capaces de “poñer en valor e saber entender o esforzo que unha empresa familiar como Aceites Abril realiza cada día por situarse nun mercado global. É un reto que afrontamos coa ilusión e a convicción de que temos un aceite de gran calidade que nos está permitindo consolidarnos nos mercados e chegar tamén a outros novos”.

Finalmente, Marta Pérez Canle felicitou aos organizadores do II Congreso Polígono Virtual de Galicia “polo seu acerto á hora de organizar un evento que nos anima a todos os empresarios de Ourense a mirar ao futuro con ilusión”, así como ao resto de premiados.

Comparte...