Aceites Abril amosa os seus produtos ecolóxicos na feira Biofach (Alemaña)

Aceites Abril amosa os seus produtos ecolóxicos na feira Biofach (Alemaña)

Aceites Abril continúa coa internacionalización dos seus produtos

A compañía galega Aceites Abril participou entre o 11 e o 14 de febreiro en Biofach 2015, a principal feira de produtos orgánicos do mundo, que tivo lugar en Nuremberg.

Aceites Abril contou o seu propio posto dentro do amplo espazo expositivo -con preto de 2.350 empresas- no que amosaron a súa gama de aceites virxe extra ecolóxicos.

Segundo os responsables da aceiteira galega, a cita foi unha grande oportunidade para “aumentarmos a presenza da compañía dentro dun mercado cada vez máis demandado e puxante” e, apunta sobre a súa gama de aceites virxe extra ecolóxicos, que aposta “polo seu selo de calidade e por un máximo respecto ao medio, xa que o cultivo da oliva realizase seguindo as técnicas da agricultura ecolóxica e se trata sempre con produtos naturais”.

Comparte...