Aceites e  Oliveiras de Galicia, de Aceites Abril, mellor libro en galego para os Gourmand World Cookbook Awards

Aceites e Oliveiras de Galicia, de Aceites Abril, mellor libro en galego para os Gourmand World Cookbook Awards

O libro Aceites e Oliveiras de Galicia, de Xurxo Lobato e patrocinado por Aceites Abril, foi elixido como mellor libro en galego polos Gourmand World Cookbook Awards, os premios internacionais dos libros gastronómicos. Ademais, a publicación foi nomeado para a final da Gourmand Best in the World Competition nas categorías de Mellor Tradución e Mellor Fotografía, final cuxa resolución se dará a coñecer nunha gala que se celebrará na considerada como a capital do viño e da gastronomía de China, Yantai, o próximo 28 de maio.

A obra, con texto de Omayra Lista e ilustrada polo fotoxornalista galego, realiza un percorrido, acompañado por excelentes ilustracións, pola cultura e tradición da oliveira autóctona. As fotografías tamén mostran os distintos aspectos relacionados coa elaboración do coñecido como ouro verde. A historia do oliveiral en Galicia tamén se enlaza nesta publicación coa creación da propia empresa Aceites Abril, cuxos orixes se remontan ás raíces da familia en Moura de Toledo, onde unha primeira xeración desta saga iniciou a tradición da firma ourensá. Da publicación editáronse dous mil exemplares que foron distribuídos principalmente entre as persoas que fixeron posible a súa realización – agricultores, blogueros e xornalistas gastronómicos-, así como entre os numerosos asistentes que acudiron á inauguración da nova planta de refinación de Aceites Abril en marzo de 2015.

Entrega dos premios en China
Na gala de entrega dos Premios Best in the World convocados anualmente polos Gourmand Awards farase entrega do galardón como mellor libro en galego e coñeceranse aos gañadores nas outras categorías a concurso, na que participan publicacións procedentes dun total de 209 países. A directora de Mercadotecnia de Aceites Abril, Elena Pérez Canle, mostrou a súa “gran satisfacción por conseguir un premio de recoñecemento internacional como o de Mellor Libro en Galego, ademais dos dous nomeamentos a Mellor Tradución e Mellor Fotografía”. Así mesmo, asegurou que o galardón recibido servirá “para dar a coñecer máis os nosos produtos dentro do que é o segundo principal país exportador, China. Temos clientes fixos alí desde 2011 e seguimos ampliando mercado”, concreta.

Comparte...