“Acercando”, xornadas gastronómicas no Salnés en maio

“Acercando”, xornadas gastronómicas no Salnés en maio

Baixo o lema “Acercando”, o Salnés vivirá en maio as súas xornadas gastronómicas con rutas de tapas en Cambados e no Grove e obradoiros destinados a profesionais e outros abertos ao público en xeral.

Un total de trece locais de Cambados e nove do Grove ofrecerán tapas de temática mariñeira nas fins de semana do mes de maio, a partir do día nove.

Por outra parte, os profesionais da hostalería poderán participar nos talleres de cociña que se desenvolverán nos catro luns do mes, mentres que abertos ao público haberá demostracións en directo os sábados 10, 17 e 23, coa participación de cociñeiros da talla de Pepe Solla, Beatriz Sotelo, Javier Olleros, Yayo Daporta e Antonio Botana, así coma do gaditano Ángel León, coñecido como “El chef del mar”.

Comparte...