Iago Castrillón, gañador do premio Cocinero Revelación en Madrid Fusión

Iago Castrillón, gañador do premio Cocinero Revelación en Madrid Fusión

Iago Castrillón, do compostelán restaurante Acio, proclamouse gañador do premio Cocinero Revelación concedido en Madrid Fusión. En segundo e terceiro lugar situáronse Abadía Retuerta e Apicius.

Cando o 4 de decembro BenBo publicaba a primicia da súa nominación, Iago decía que estar nominado xa era un premio, pero finalmente o galardón ven a Galicia.

Iago Castrillón é un dos cociñeiros máis destacados do actual panorama gastronómico de Compostela, cun traballo no que presta unha gran atención ao produto galego de temporada pero non esquece influencias mediterráneas (a súa parella e sumiller de Acio, Eva Pizarro, é valenciana) nin orientais.

Comparte...