Adegas Castrobrey lanza ao mercado ‘Nice to meet you’ edición Costa Rica

Adegas Castrobrey lanza ao mercado ‘Nice to meet you’ edición Costa Rica

Adega Castrobrey lanza este ano un novo viño da selección especial Nice to meet you. Trátase da edición especial Costa Rica añada 2015. Un viño de colección que rinde homenaxe a Costa Rica e destaca pola súa especial cor azul ceo e pola referencia á “lapa” un paxaro protexido do país Tico, e un detalle da roda dunha carreta de vacas, cuxos ornamentos e colorido son famosos en Costa Rica.

A presentación oficial do novo Nice to meet you Costa Rica realizouse a cargo do CEO da adega cruceña Ramón Blanco, en San José de Costa Rica, hai un par de meses a nivel internacional e o martes 11 de xullo durante a inauguración da nova proposta de restaurante da cociñeira do grupo Nove Lucía Freitas en Santiago de Compostela.

As 12.000 botellas do Nice to meet you Costa Rica convértese na cuarta anada da colección de botellas adicadas a Sevilla en amarelo (anada 2012), Girona en cor coral (anada 2013), Donosti en cor azul turquesa (anada 2014) y por último San José de Costa Rica (anada 2015), para continuar a súa referencia anual a cidades do mundo coas que a adega e os seus donos teñen un vínculo especial.

Está formado pola ensamblaxe de tres variedades de uva: treixadura e godello de cepas de 50 anos e albariño de cepas de 10 anos das súas fincas en Camanzo- Vila de Cruces dentro da D.O. Rías Baixas. Vinificadas por separado, deixan a treixadura e godello sobre as súas lías durante dous meses. A continuación mesturan as tres variedades para que repousen durante un ano en aceiro inoxidable. Ensamblaxe e crianza en depósito durante dez meses, e crianza en botella durante seis. O resultado é un viño amarelo con aromas froitais. Un viño fresco moi equilibrado cunha acidez ben integrada que lle confire persistencia e moi boa evolución en botella. Esta edición mestura no seu deseño referencias á tradición e á modernidade froito de varias xeracións. Cunha botella que non pasa desapercibida, as novas xeracións da adega encárganse de facer un restyling de marca homenaxeando os avós da familia, fundadores da adega familiar.

Comparte...