Taberna A de Lino: dous pratos un euro en Moaña

Taberna A de Lino: dous pratos un euro en Moaña

En tempos de crise hai que botarlle imaxinación e gañas para triunfar. No interior de Moaña (Pontevedra) triúnfa a taberna A de Lino, con menús para todos os petos os xoves e venres.

O xoves na taberna serven dous pratos por un euro. O primeiro varía, pero o segundo é sempre o mesmo: dous ovos fritos, patacas e chourizo. Pan, bebida, sobremesa e café van aparte, pero non é obrigatorio consumilos.

Ao día seguinte a oferta é de churrasco de porco, chourizo crioulo e patacas fritas por tres euros.

Se non chegas cedo terás que agardar mesa.

Comparte...