Empresas agroalimentarias e grupos científicos promoven unha investigación sobre os efectos da dieta e gastronomía atlántica galega

Empresas agroalimentarias e grupos científicos promoven unha investigación sobre os efectos da dieta e gastronomía atlántica galega

A conexión entre a ciencia, a gastronomía e a empresa agroalimentaria galega vive un novo capítulo co grupo GALIAT 6 +7 (Galicia Alimentación Atlántica), que se lanza a desenvolver INNGAL AGROMAR SAÚDE, un proxecto que quere investigar, e no seu caso demostrar, o efecto saudable de determinados alimentos autóctonos galegos que forman parte da Dieta Atlántica para loitar contra os riscos cardiovasculares e a obesidade.

No proxecto participan as firmas Bodegas Terras Gauda, Pazo de Rivas, Olei Aceite Gallego, A Rosaleira, conservas Friscos e Quescrem; e sete grupos científicos:Misión Biolóxica de Galicia-CSIC (Grupo de Viticultura e Grupo de Brásicas), Instituto de Investigación de Ciencias Mariñas-CSIC (Grupo de Química de Produtos Mariños), Hospital Clínico de Santiago-CHUS e Fundación Ramón Domínguez, Aula de Produtos Lácteos – USC, Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Medicina -USC e Departamento de Química Analítica e Alimentaria da Universidade de Vigo.

O orzamento para a súa execución é de 1.541.953 €, con financiamento superior a 800.000 € a través do programa Feder-Interconecta para Galicia (convocatoria 2013), xestionado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), que forma parte do Ministerio de Economía e Competitividade.

GALIAT 6+7 nota do informe

Comparte...