Unha mañá coa repostaría tradicional de Melide e as aguardentes e licores de Galicia

Unha mañá coa repostaría tradicional de Melide e as aguardentes e licores de Galicia

por Luís Cividanes

Combinados elaborados a partir das augardentes e licores galegos combinaron con ricos, melindres e amendoados, nunha cita gastronómica organizada desde Melide Terra Doce e o Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Dentro do esforzo por divulgar a repostería tradicional de Melide fóra da súa comarca, a Asociación da Repostaría Tradicional de Melide (Melide Terra Doce) sumouse ao Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e ofreceu unha sesión maridaxe na que os ricos, amendoados e melindres combinaron cos cócteles elaborados por Ángel Camiña.

A cita, na aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, serviu para que os asistentes afondasen no coñecemento deses doces e das posibilidades dos espirituosos galegos con etiqueta. A sesión denominouse Maridaxe dos Sentidos.

Tres pasteleiros melidenses estiveron na cita, actuando de portavoz Alberto Rodríguez da pastelería Casa Estilo; e, por parte, o ente regulador participaron o seu presidente José Antonio Feijóo e a integrante do seu panel de cata Sonia Otero.

Foron un total de tres propostas. Ao calor do anoitecer, unha elaboración con Augardente de Galicia envellecida, combinouse con melindres; Un té do mar contou con Augardente de Herbas e degustouse co almendrado. Finalizou a degustación con Licor café de chocolate e laranxa, que combinou co rico, o doce menos coñecido.

Non faltaron as chamadas para descubrirmos as delicias máis próximas e a pedir o consumo dos licores e augardentes con etiqueta, con todas as garantías.

A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de Melide chega este ano á súa edición número 25, os días 7 e 8 de maio

Comparte...