Aguas de Mondariz obtén o Superior Taste Award en Bruxelas

Aguas de Mondariz obtén o Superior Taste Award en Bruxelas

Aguas de Mondariz volve a gañar en Bruxelas un premio Superior Taste Award ó obter a máxima puntuación (3 estrelas) outorgada polo Instituto de Sabor y Calidad (ITQi). Así, tanto a auga sen gas como a variedade con gas de Mondariz obtiveron este recoñecemento, que se suma ós dous Diamonds Taste Awards, que xa posúe a marca.

Para lograr o galardón, que recoñece a calidade, o sabor e a excelencia de Mondariz, as augas da marca sometéronse a unha cata a cegas con cerca de 200 expertos do sector. Nela, as augas de Mondariz conseguiron máis de 90 puntos sobre un total de 100, alcanzando a cualificación de “Excepcional”.

Aguas de Mondariz xa posuía outros dous premios concedidos por este instituto: dous Diamonds Taste Awards, que a marca conseguiu en 2015 e 2016, e que non posúe ningunha outra marca de auga no mundo. Este recoñecemento chega nun momento no que a marca celebra os seus 145 anos de historia como referente no sector, motivo polo cal Mondariz está realizando toda unha campaña que, ademais do seu spot, inclúe a edición limitada de 400 unidades dunha botella especial para coleccionistas, deseñadas por Sargadelos e dispoñible só na súa páxina web.

Comparte...