Alberto Gómez, de El Olivo, gaña o Mixología Maeloc

Alberto Gómez, de El Olivo, gaña o Mixología Maeloc

Alberto Gómez Ponte, de El Olivo da Coruña, alzouse co primeiro certame Mixología Maeloc, disputado o martes no mercado La Galiciana de Santiago.

Alberto impúxose aos outros once participantes cun cóctel chamado Sidrarono 88, no que utilizou a Sidra Extra Ecolóxica Maeloc, para levar a casa os 600 euros de premio, así como un lote de produtos Maeloc.

Como subcampión clasificouse Pablo Bugallo, da Sidrería Montañés de Pontevedra.

Versatilidade da sidra

José Luis Olmedo, xestor de innovación de Custom Drinks, presidiu un xurado do que tamén formaron parte Diego Mosquera, vicepresidente da Asociación Galega de Barmans, e Ana Rosado, Brand Manager de Maeloc.

Olmedo explicou que se valorou tanto a destreza á hora de elaborar cócteles como a creatividade e o coñecemento sobre o mundo da sidra. “O xurado determinou que mesturas contan cunha maior harmonía de sabores, aquelas que integran mellor a sidra na combinación, as máis elegantes visualmente ou as que resultan máis sorprendentes ao padal”, puntualizou.

Responsables de Maeloc, pola súa banda, incidiron en que o obxectivo do concurso é divulgar o potencial e a versatilidade das súas sidras á hora de elaborar cócteles que poden acompañar diferentes momentos do día.

Sidra galega

Maeloc é a  primeira sidra galega 100% ecolóxica, producida na localidade lucense de Chantada por Custom Drinks, compañía que pertence á Corporación Hijos de Rivera desde o ano 2001.

Comparte...