Alberto Lareo

O chef Alberto Lareo cociñará no terceiro aniversario do restaurante Bocanegra

Alberto Lareo, chef e propietario do restaurante Manso de Santiago de Compostela, cociñará por segundo ano na celebración do aniversario do restaurante Bocanegra da Coruña, que festexa o seu terceiro ano de vida cunha cea a base de tapas elaborada por diferentes cociñeiros de renome.

Para a ocasión, Lareo presentará unha tapa de Xurel con pementos de Herbón fritos; un bocado sinxelo, baseado no produto de tempada, que combina o sabor do mar e a terra coa esencia elegante que caracteriza a cociña de Manso. Xunto a el, e acompañando ao anfitrión da velado Pablo Pizarro (Bocanegra), estarán tamén coñecidos cociñeiros como Pepe Solla (Casa Solla), Daniel López (O Camiño do Inglés), Diego Novas e Marcos Branco (Barrabasada), Marco Varela (Casal de Arman) ou Ariell Mendizabal (Doriel), entre outros.

A cea, que terá lugar o vindeiro martes 5 de setembro, comezará a partir das 8 da tarde, e prolongarase a partir da 1 da mañá cun concerto e copas no local coruñés Le Tavernier.

Comparte...