Alberto Lareo, padriño dun grupo de alumnos do último curso do CSHG

Alberto Lareo, padriño dun grupo de alumnos do último curso do CSHG

Alberto Lareo, cociñeiro do Manso Restaurante en Compostela, será o mentor dun grupo de alumnos de segundo curso do Centro Superior de Hostalería de Galicia, con sede tamén en Santiago. Esta colaboración iníciase co obxectivo de tender pontes entre profesionais de prestixio e as novas xeracións de futuros hostaleiros, buscando unha maior aproximación práctica dos mozos no proceso formativo.

O chef aconsellará aos alumnos durante este ano lectivo, atendendo as súas dúbidas e consultas para obter un mellor rendemento práctico nos próximos meses. En palabras do chef, “esta é unha magnífica oportunidade para poder influír directamente sobre os alumnos e trasladarlles a miña experiencia persoal, tanto para que non caian nos mesmos erros que eu cometín ao comezo da miña carreira, como para mostrarlles vías que a min me funcionaron”.

Comparte...