Cata Salon Gourmets

Altos de  Torona presentou  a súa nova gama de viños  monovarietales no Salón  Gourmets

 

A Adega Altos de  Torona da D.O. Rías Baixas subzona do Rosal, pertencente ao HGA Bodegas y viñedos de altura S.A., presentou a semana pasada no Salón  Gourmets a súa nova gama de viños  monovarietales cunha gran acollida por parte do público asistente á cata dirixida por un equipo de enólogos e o catador, Fran Gómez.

Esta nova gama de viños destaca pola súa complexidade e polos matices que achegan as uvas utilizadas para a súa elaboración, cultivadas nos seus viñedos do Rosal (Pontevedra): Caíño,  Godello e Albariño. A proximidade destes viñedos ao  Oceano Atlántico e ao Río Miño e a inclinación dos terreos, con pendentes de ata o 30 % nalgúns puntos, favorecen a maduración da uva. Mentres que a tipoloxía de chan,  granítico e  permeable, colaboran a resaltar os aromas  varietales dos viños.

Con esta nova gama de viños, Altos de  Torona deu a coñecer a súa liña  Premium, dirixida a canle da hostalería e que ten como obxectivo crear un abanico de produtos de alta calidade coas uvas autóctonas máis importantes cultivadas nos seus viñedos.

Esta gama de  monovarietales elaborada con uvas de parcela identificadas e coas características  organolépticas do Rosal: viños atlánticos con toques tropicais e coa acidez máis integrada que noutras subzonas da Denominación de Orixe Rías Baixas;  conquistou os padais dos que se achegaron á cata realizada no Salón  Gourmets.

Pero non foron os únicos viños, elaborados por esta adega, participantes na trixésimos segunda edición de Salón  Gourmets, senón que tamén estiveron presentes no Salón  Gourmets outros viños elaborados por esta adega, entre os que se atopan: Altos de  Torona Roseira, Altos de  Torona Barrica, Altos de  Torona Albariño, Altos de  Torona  Godello e Altos de  Torona Espumoso.

Comparte...