Álvaro Pino será o pregoeiro da XIX edición da Festa do Viño de Valdeorras

Álvaro Pino será o pregoeiro da XIX edición da Festa do Viño de Valdeorras

O exciclista profesional Álvaro Piñeiro, natural do municipio pontevedrés de Ponteareas, será o pregoeiro da XIX Feira do Viño de Valdeorras

A lectura do pregón terá lugar o vindeiro sábado, 16 de xullo, a partir das 12.30 horas.

Para Francisco García, presidente do Consello Regulador, “Álvaro Piñeiro é unha figura emblemática do deporte galego e encarna valores de superación, traballo en equipo, solidariedade e sacrificio, que é necesario reividicar na sociedade actual”.

18 adegas participarán neste cita, o que supón que son dúas máis respecto ao ano anterior, pero con algúns cambios. Acudirán Guitián y Blanco, cooperativa Jesús Nazareno, Roandi, cooperativa Virxe das Viñas, A Tapada, José González González, Eladio Santalla Paradelo, Cepado, Sampayolo, Viña Somoza, Enrique Mayo Alonso, Viña Costeira, Manuel Corzo, Docampo-Gacio María Teresa Núñez, Avancia, Luar do Sil e Ladera Sagrada

Comparte...