Anemones, un produto complexo na cociña

Anemones, un produto complexo na cociña

Despois de varios anos de experimentar, a Xunta de Galicia aprobou este ano catro planes de explotación de anemones ás confrarías de Celeiro, Espasante, Barallobre e Cangas, as mesmas que xa viñan realizando campañas experimentais.

As anemones, frecuentes no sur de España, non teñen uso culinario tradicional en Galicia, inda que nos últimos anos a empresa Porto Muíños as comercializa.

Un dos cociñeiros que as ten empregado en ocasións é Iván Domínguez, de Casa Marcelo, que nos indica que aparte da fritura tradicional á que se someten en Andalucía (“Eu galeguízoas empregando fariña de millo”, di) cociña as anemones con arroz, en tempura, en salsa ou ao pilpil.

En calquera caso, Iván asegura que se trata dun produto complicado e que non todos os clientes aceptan de boa gaña, polo que hai que ir con coidado. Onde, segundo o cociñeiro, se comportan de maneira espléndida é nos caldos. “Dan un caldo de sabores moi concentrados”, indica. E prepara para os lectores de BenBo a receita do escabeche de anemones.

Comparte...