Novos talleres de cociña con Anna Mayer, en Ourense e Santiago

Novos talleres de cociña con Anna Mayer, en Ourense e Santiago

Anna Mayer -ou Panepanna- preparou novos talleres que se desenvolverán en Ourense e Santiago.

O sábado 2 de febreiro, pola mañá, a pasta será protagonista en Ourense. Concretamente no Brew Club-Cervexeiros de Ourense. É posible apuntarse a través do facebook da cita.

O luns 4 de febreiro no Garum, Santiago, será posible achegarse á cociña india dende as 20:00 horas. Cun menú que pode facerse con ingredientes de aquí. Raita de iogur e mazá, Arroz pilaf con améndoas e pasas, Pollo Korma Blanco, Lassi de cardamomo. Refrescante e lixeiro.

O luns 18 de febreiro, tamén no Garum ás 20:00 horas, será o momento da pizza. Masa tradicional con fermentación en frío, e 6 pizzas, entre as cales estarán a clásica Margherita, unha con atún e cebola, unha con longaínza, unha especial branca con unto e pataca e outro par de sorpresas…

Todos os obradoiros custan 25 €. Pero recordemos que, previamente, Anna Mayer estará en Don Chiringo (Vigo), con outros dous tallers comida italiana o 30 e 31 de xaneiro.

Comparte...