Nova guía gastronómica de … E para comer, Lugo

Nova guía gastronómica de … E para comer, Lugo

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) presentou en FITUR o sexto volume da guía turística e gastronómica da provincia, nesta ocasión titulada …E para comer, Lugo. Interpretando el territorio e dedicada aos produtos autóctonos.

A publicación está protagonizada por unha ducia de produtos autóctonos con denominacións de orixe e outras marcas de garantía, en agradecemento á colaboración dos seus consellos reguladores e asociacións coa Apehl e a Secretaría Xeral para o Turismo.

Deste xeito, amósase un gran menú lucense conformado por Bonito del Norte, Ternera Gallega, Porco Celta, Galo de Mos, Ovella Galega, Pataca de Galicia, os queixos Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro Marqués de Cernadas, Castaña de Galicia, o viño Ribeira Sacra, as galletas ecolóxicas Daveiga e as tapas. Estas páxinas gastronómicas serven á vez de fíos condutores para darmos a coñecer o berce de cada un destes pratos e a súa contorna.

…E para comer, Lugo ten unha tirada de 15.000 exemplares que se distribúen polas oficinas de turismo de toda España, os albergues de peregrinos das rutas xacobeas, as feiras sectoriais e as distintas etapas da Vuelta a España, ademais de entre os establecementos asociados e os rexentados por lucenses da diáspora.

Conta cunha edición on-line, dispoñible no portal web www.eparacomerlugo.es 

Comparte...